Sin título-4

A Fundación abre o prazo de inscrición nas actividades de inverno infantís e para adultos en Vilagarcía de Arousa. Remata o 4 de outubro

*Información recollida de : www.vilagarcia.es

A Fundación abre o prazo de inscrición nas actividades de inverno infantís e para adultos. Remata o 4 de outubro
O luns, 12 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas actividades deportivas infantís e para adultos que organiza a Fundación para a temporada de outono inverno. Os interesados deben presentar os formularios debidamente cubertos nas dependencias de Fexdega de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Como novidade, este ano impartiranse dúas actividades novas: Acrobacias de Artes Marciais para nenos e Circuitraining para adultos. Ademais, formaranse 2 grupos máis de pilates (que pasan a ser 10), para dar cabida á elevada demanda que existe.

Os formularios das actividades pódese recoller nas mesma sede da Fundación ou premer dende o taboleiro da web municipal. Tamén está dispoñible o formulario de solicitude e renovación de carné, cuxo prazo tamén está aberto.

9 disciplinas para adultos
A Fundación que preside Arimiro Serén ofertará este ano un total de 9 especialidades deportivas para persoas maiores de 16 anos xa que ás xa tradicionais de ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga e pilates, súmase o Circuitraining. Esta actividade mestura diferentes exercicios de ximnasia de mantemento e fitness que se realizan seguidos e a modo de circuíto. Trátase dunha actividade de maior intensidade que a de ximnasia de mantemento, polo que está máis orientada a persoas xóvenes ou acostumadas a un nivel máis esixente de actividade física.
Para crear dous novos grupos de pilates, as clases de 1 hora pasarán a ter 45 minutos. Con esta ampliación de grupos preténdese dar cabida a todas as persoas interesadas nesta actividade. Se así a todo, o número de inscricións é máis elevado que a oferta, as prazas cubriranse por sorteo, como se fixo o ano pasado para evitar colas e que so poidan acceder ás mesmas as persoas que chegan primeiro a anotarse.

E 13 infantís
A oferta infantil é para nenos e nenas de 4 a 15 anos e consta da escola de Psicomotricidade, para os máis cativos (nados nos anos 2011 e 2012), a Escola Multideportiva (para nados entre 2008 e 2010) e a Escola Deportiva de Base (para rapaces nados entre os anos 2001 e 2007). Nesta última é onde se ofertan 13 modalidades deportivas diferentes, entre as que se inclúe a novidade da de Acrobacias para Artes Marciais. As outras 12 entre as que poderán elixir os rapaces son Fútbol, baloncesto, zumba, xadrez, patinaxe, tenis, esgrima, tenis de mesa, rugby, voley boll, artes marciais e atletismo.

Prezos
O carné individual xenérico de socio da Fundación ten un custe de 45 euros e o familiar 60, e serve para realizar as actividades durante todo o ano. Tamén hai cotas bonificadas para xóvenes e maiores de 65 anos, e descontos segundo se recolle nas follas de solicitude.

Se non se quere obter o carné, os adultos poderán anotarse nas actividades cada trimestre por 18 euros (ata o máximo de 4 actividades). A inscrición dos nenos e por curso e o custe total é de 12 euros. Os nenos, no caso das Escolas deportivas de Base, poderán anotarse en dúas disciplinas polo mesmo prezo.

 

Para mais información : Actividades de Inverno infantís  en Vilagarcía de Arousa.