Sin título-3

Campamento medio ambiental

Xuventude oferta un campamento medio ambiental para mozos e mozas de 12 a 16 anos

A Concellería de Xuventude completa a oferta de actividades alternativas para a mocidade co campamento urbano medio ambiental gratuíto que se desenvolverá do 26 de xullo ao 1 de agosto. Trátase dunha actividade para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos que os levará a adentrarse en Cortegada, practicar kaiak, practicar xogos de xeo localización ao aire libre, coñecer a riqueza natural e patrimonial de Vilagarcía e ata a navegar nun galeón. Ofértanse 20 prazas e o prazo de inscrición vai do 23 de xuño ao 12 de xullo. Os formularios de inscrición e o programa poden obterse no taboleiro de anuncios desta web.

22.06.2016.- O campamento medio ambiental desenvolverase todos os días desde ás 10 da mañá ata as sete da tarde. Os participantes irán acompañados en todo momento dos monitores de Corticata Turismo Medioambiental que serán os que os guíen e organicen as actividades previstas e que veñen especificadas no cronograma que se pode consultar no documento adxunto a esta nova.

A concelleira de Xuventude, Sonia Outón, explicou que con este campamento trátase de `propoñer unha actividade interesante para un sector da mocidade para o que non soe haber moita oferta, como é o da franxa de idade de 12 a 16 anos. Tendo en conta os intereses e gusto a estas idades, deseñouse esta campamento medioambiental que recolle actividades diversas, sempre relacionadas co medio ambiente e a natureza, a desenvolver ao aire libre e en diferentes espazos e contornas do municipio.

O responsable de Corticata engadiu que o programa previsto para cada xornada inclúe actividades moi dinámicas, participativas, e lúdicas coas que os rapaces se van a divertir moito ademais de coñecer os numerosos recursos naturais, culturais e patrimoniais que existen en Vilagarcía. “O coñecemento previo é a condición indispensable para que as persoas valoren o que teñen e o coiden como algo que desecan conservar. Este é o enfoque que queremos darlles a todas as actividades, independentemente de sexan máis o menos lúdicas ou máis ou menos deportivas”.

Luis Ángel Gómez apuntou como algo especialmente didáctico os xogos que se van a desenvolver nos parques urbanos do Concello e que teñen como obxectivo concienciar á mocidade sobre como comportarse nestes espazos públicos en especial respectando o mobiliario urbano.

Tamén se propoñen xogos que permiten ensinarlles o uso das novas tecnoloxías aplicadas á natureza mediante xogos de xeocatching nos que utilizarán gps.

Dado que a participación neste campamento é de balde, a admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición e a súa participación limítase a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía.Os formularios deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello entre o día 23 de xuño e 12 de xullo en horario de 8:30 a 14 horas de luns a venres e os sábados de 10 a 13 horas.

Información recogida en www.vilagarcia.es