Sin título-4

Exposición sobre el mundo del cómic en Vilagarcía de Arousa

Información recogida de la página web del ayuntamiento de Vilagarcía 
Monstros e súperheroes invaden a Sala de Exposicións Rivas Briones
A Sala de Exposicións Antón Rivas Briones acolle dentro da programación da 44 edición do Curtas Film Festival de Vilagarcía unha exposición dedicada ao mundo no cómic e a súa relación co cinema. A mostra componse de catro apartados nos que se poden ver dende maquetas de gran formato de súperheroes como Batman ou Spiderman, a maquetas utilizadas en películas como Gremlims, Alien; Men in Black ou Star Wars, a cómics, debuxos orixinais e mesmo fanzines.

06.10.2016.- A concelleira de Cultura, Sonia Outón, e o director do festival de Curtas, Luis Rosales, presentaron a mostra que serve de aperitivo ao Curtas Film Fest e que vai creando ambiente para unha edición que chega cun amplo e potente programa alternativo de actividades e que suma xa con máis de 1.000 curtametraxes presentadas. As exposicións ábrense ao público esta tarde e poderanse visitar ata o 25 de novembro.

Os catro apartados desta mostra previa á proxección das curtas e longametraxes son:

– Monstros a 24 FPS: Colección privada de Marcos García Lago de pezas e maquetas orixinais usadas en films como “Gremlins” ou “Men in Black”.

– O Arte de Juan Giménez: Unha mostra da obra gráfica do debuxante e ilustrador Juan Giménez ao longo da súa carreira.

– Darth Vader de Salvador Larroca: O artista amosa o seu traballo para a miniserie dedicada ao gran villano de Star Wars.

– Altar Mutante: O fanzine galego de banda deseñada amosa algunhas das súa smellores pezas.

Información recogida de la página web del ayuntamiento de Vilagarcía