Cartel_ Obradoiros copia

Talleres museo Pontevedra Verano 2016

MUSEO DE PONTEVEDRA

Durante os meses de xullo e agosto o Museo de Pontevedra oferta 105 prazas para nenas e nenos de entre 5 e 13 anos para participar nos obradoiros de verán.

Durante o mes de xullo levarase a cabo o obradoiro de cerámica que este ano terá como protagonistas ós Instrumentos musicais de barro, e en agosto o titulado Pinta con Castelao.

Con estas actividades, todas elas de balde, ademais de espertar a creatividade e coñecer dunha forma diferente as coleccións e espazos do Museo, foméntase o desenvolvemento persoal e as relacións sociais e de amizade.

O prazo para inscribirse comeza o mércores 1 de xuño e remata o sábado 11 de xuño. As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación.

As prazas adxudicaranse por sorteo o día 20 de xuño ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo. As listas de admitidos poderán ser consultadas a través da web do Museo a partir do 21 de xuño e no punto de información no Sexto Edificio.

XULLO

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS DE BARRO

Os nenos e nenas descubrirán que na tradición cerámica galega existen instrumentos musicais feitos de barro. Buguinas e chifres, ademais doutros instrumentos de vento e percusión, serán elaborados polos rapaces e rapazas baixo a dirección do profesor da Asociación Alba, Germán Iglesias del Río. A través da música os cativos construirán formas e modelos propios da cerámica tradicional galega, entrando en contacto coa técnica do modelado, do urdido e do torno, así como á utilización de técnicas decorativas e outros conceptos relacionados con esta artesanía.

Completarase o obradoiro cunha demostración didáctica do uso e os sons destes instrumentos.

Número de participantes: 15 por quenda

Nenos/as de 5 a 7 anos (10:30 a 12:30 h)Do 4 ó 8 de xullo

Nenos/as de 8 a 10 anos (10:30 a 13:00 h)Do 12 ó 15 de xullo

Nenos/as de 11 a 13 anos (10:30 a 12:30 h)Do 18 ó 22 de xullo

AGOSTO

PINTA CON CASTELAO

Neste ano Castelao invitamos ás pequenas e pequenos da casa a coñecer a faceta artística deste magnífico debuxante, gravador e pintor. Farase especial fincapé no xénero da paisaxe, tan importante na súa produción e no seu ideario en relación a Galicia.

Da man de Liliana Rey Figueroa as nenas e nenos coñecerán algunhas das técnicas que el empregou, como o óleo e o lapis, e outras novas coma o acrílico e o gouache.

Completaremos este obradoiro cunha visita á exposición Meu Pontevedra. Castelao 1916-1936, onde os rapaces e rapazas poderán escoller a súa obra favorita e representala in situ.Finalmente estas serán expostas ao público na “tendedeira da arte” .

Número de participantes: 15 por quenda.

Nenos/as de 5 a 6 anos (10:30 a 12:30 h)Do 1 ó 5 de agosto

Nenos/as de 7 a 8 anos (10:30 a 12:30 h)Do 8 ó 12 de agosto

Nenos/as de 9 a 10 anos (10:30 a 13:00 h)Do 16 ó 19 de agosto

Nenos/as de 11 a 13 anos (10:30 a 12:30 h)Do 22 ó 26 de agosto