revenidas

Xoubiñas Festi!

Información recogida de : www.revenidas.com

3 ACTIVIDADES PARA @S CATIV@S

Revenidas16 contará tamén con actividades musicais para disfrutar en familia.

xoubi_fest

O domingo 21 de agosto as sardiñas revenidas converteranse en Xoubiñas centrando o interese na musica infantil. Será o día para disfrutar en familia, para captar ao público máis esixente, os e as máis pequenas da casa. Tres actividades culturaisque farán partícipes aos nenos, ás nenas e ao público familiar da música infantil galega, fomentando o consumo e o coñecmento da música galega no público máis novo.

Polo Correo do Vento

UN ESPECTÁCULO QUE FAI FERVER O MAXÍN

Polo Correo do Vento é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. Seguro argallarán unha divertida sesión noXoubiñas Festi. Presentes en abondas bibliotecas, centros educativos e socioculturais, teñen publicado 7 libros coa editorial Galaxia. Enrique Mauricio argallará unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxará coa participación de tod@s.

Chuches Amil

A BRINCAR PEQUEN@S E GRANDES

Chuches Amil é un proxecto musical para @s peques de Galiza liderados polo músico Francisco Amil. A finais do pasado ano presentaron o libro-cd Un conto ao revés editado por Sonárbore (Editorial Galaxia). No concerto do Xoubiñas Festi tamén se escoitará a os temas da A voz do vento é un libro-CD publicado pola Mesa pola Normalización Lingüistica en homenaxe a Manuel María, no que Chuches Amil participou.

Títeres Crebanoces, con O Muiñeiro e Barriga Verde

A compañía galego-cubana Títeres Crebanoces estrea nas Revenidas o seu espectáculo, O muiñeiro Manuel e Barriga Verde, coa que pretenden facer unha dobre homenaxe,por unha banda á tradiciona teatral popular que en Galicia representou a personaxe de Barrigas Verde, creación de José Silvent (1886-1970) pioneiro dos espectáculos de monicreques na Galicia de 1920; por outra ao escritor Manuel María, autor de varias obras destinadas a seren representadas en teatriños ambulantes. Será o domingo ás 16.30 h.

titeres crebanoces

 

Información recogida de  www.revenidas.com