Sin título-4

Xoves animados en Ribadumia

COMEZAN OS XOVES ANIMADOS PARA OS MÁIS CATIVOS

03.07.2015
As actividades desenvolveranse todos os xoves de xullo e agosto e comezan o vindeiro 9 de xullo.

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Concellería de Cultura, preparou para este verán un programa de ocio infantil baixo o nome de Xoves Animados.

O programa, que se desenvolverá todos os xoves do verán dende o 9 de xullo ata o 27 de agosto, contará con numerosas actividades para nenos: inchables, talleres de maquillaxe e teatro, globoflexia, manualidades…

As actividades celebraranse na Praza do Concello todos os xoves, e os horarios alltérnanse dependendo da actividade. Todas son gratuítas e estarán supervisadas por monitores que atenderán ós pequenos e ás súas familias.

Dende o Concello espérase a participación activa de todas as familias para apoiar a labor dos monitores e, sobre todo, que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio.

PROGRAMACIÓN

– Xoves 9 de xullo: inchables e delfín acuático 18:00 a 21:00 horas

– Xoves 16 de xullo: taller de maquillaxe 20:00 a 21:00 horas

– Xoves 23 de xullo: obra de teatro e taller de teatro 19:00 a 21:00 horas

– Xoves 30 de xullo: globoflexia 20:00 a 21:00 horas

– Xoves 6 de agosto: toro meánico e animación 19:00 a 21:00 horas

– Xoves 13 de agosto: manualidades de materiais reciclados 20:00 a 21:00

– Xoves 20 de agosto: Karaoke 19:00 a 21:00 horas

– Xoves 27 de agosto: festa da espuma 18:00 a 19:00 horas

INFORMACIÓN RECOGIDA DE www.ribadumia.org